Wednesday 15 de May de 2024

Os Servizos Sociais de Riveira promoven un curso de Xestión na Venda Ambulante dirixido a persoas en risco de exclusión


O Concello de Riveira informa de que o luns 10 de novembro dará comezo un curso de 20 horas sobre “A Xestión Básica na Venda Ambulante”, na Aula do Centro de Información á Muller e que está promovido polo Departamento de Servizos Sociais.

Esta actividade encádrase dentro do Programa de Inclusión Social, tendo por destinatarios persoas en risco de exclusión, con ou sen experiencia na venda ambulante.

As sesión formativas terán lugar os luns e venres en horario de 9 a 14 horas. O programa do curso ten os seguintes apartados:

• Experiencias en venda ambulante
• A ordenanza reguladora de venda ambulante e ordenanza fiscal
• Plan de empresa
• Organización do punto de venta e ideas básicas do plan de márketing
• Contabilidade básica
O curso, ao que se inscribiron un total de 19 persoas, será impartido polo pedagogo de Servizos Sociais, Santiago Páramo Aller.

Celebrarase os días 10, 14, 17 e 21 de novembro.